Bea Camiña

Bea Camiña é a creadora da axencia Produtriz, desde a que se encarga da comunicación, xestión e produción de proxectos culturais. Concibe a comunicación como unha disciplina fundamental, dinámica e adaptable a todo tipo de linguaxes e plataformas. Codirige tamén o festival, Elas son Artistas, un Festival Metropolitano de Música e artes pola Igualdade, traballa con i-Radia Crea, organizadora entre outros do 17° Ribeira Sacra Festival, Ciclo Voices, As Matinés do Principal…

Bea é firme defensora das relacións sociais e dos medios de comunicación como plataforma para dar a coñecer o traballo doutros e axudar a realizar proxectos e darlles unha cobertura pública, por iso desde a súa axencia leva a prensa de A Cassettería, unha fábrica de cassettes que abriu as portas este ano tan atípico en Madrid, e tamén se encarga da prensa de lanzamentos musicais.

Web de Produztriz