magia bruta

MAGIA BRUTA

Magia Bruta é a nova aventura de Isabel Fernández, compositora e produtora española cunha decena de discos editados en España, EEUU e Xapón, escritora de bandas sonoras e fundadora dos grupos Charades e Aries.
 
Tras unirse á talentosa multi instrumentista María Romero para dar vida ás cancións en directo, xuntas xeran unha emocionante onda expansiva de harmonías e experimentación instrumental. O álbum chámase “Un día novo” e está mesturado por Jose Vazquez e Pablo Martín (Banana Baía Music, Sweat Taste) e masterizado por Alan Douches (Sufjan Stevens, Fleetwood Mac, Damon & Naomi).
 
Pop místico, electrónica experimental, harmonías á girl groups, minimalismo expansivo e sampling telúrico, todo iso aglutinado en preciosas melodías sobre a alienación, o amor, a Verdade e a Beleza.