A banda da loba

A Banda da Loba estrea o videoclip de “Cobiza”

Compartir

A Banda da Loba acaba de estrear o videoclip de “Cobiza”, un dos temas incluidos no seu novo disco “Xabón Lagarta”, recén lanzado.

“Cobiza” é “unha chamada de atención que convida a reflexionar sobre o noso lugar no planeta e sobre a imposibilidade de soster no tempo este modelo económico feroz e destrutivo.”.

O escuro clip foi dirixido por Lucas Terceiro e está protagonizado por Pablo Fontenla, cun corpo de bailarinas interpretando unha coreografía dirixida por Xiana Vilas ao redor da mesa principal da escena.  

Descúbreo xa!