A banda da loba

A Banda da Loba presenta o videoclip da nova versión de “Pepa”

Compartir

A Banda Da Loba acaba de presentar o videoclip de “Pepa”, un tema que formou parte do seu álbum “Bailando As Rúas” (no que colaboraban Tanxugueiras), e que agora se reinventa cunha nova gravación realizada en Abrigueiro Estudios.

A banda galega explica o significado detrás da historia da canción: “Tomamos o noso nome de Pepa a Loba, a bandoleira do século XIX que, superando todos os obstáculos que a vida lle ía poñendo por diante, acabou por converterse na líder dunha banda de homes que, fóra da lei, asaltaba á xente rica para axudar ás familias máis desfavorecidas”.

O videoclip foi rodado por wearecinema.social e está protagonizado por Cristina Andrade no papel de Pepa. Non o perdas!: