Hydn

A coruñesa hdyn, entre as favoritas da enquisa de Eurovision-Spain para ir ao Benidorm Fest

Compartir

A artista galega Hdyn e o seu tema “Drowning Fire” atópase entre as doce favoritas da terceira eliminatoria da enquisa de eurofans de Eurovision-Spain “La Elección Interna” para concursar no Benidorm Fest do próximo ano, o festival do que sairá a elexida ou elexido para representar a España en Eurovision 2023. Hdyn aparece xunto a nomes tan destacados como Rosalía, Nathy Peluso, Lola Indigo ou C. Tangana.

A artista expresou nas súas redes sociais a sorpresa ao enterarse da noticia: “estou flipando coa simulación que estamos a vivir” .

Haberá que esperar ao Benidorm Fest para coñecer quén representará a España na próxima edición do festival, xa que esta enquisa non é vinculante coa preselección de TVE.

Dende Descúbreas desexamos moita sorte a Hydn!

hdyn