A compositora A Riso, unha das mentorizadas da II Edición de Descúbreas, puxo a guinda musical á presentación da programación do 8M da Deputación de Pontevedra que tivo lugar no Pazo Provincial este pasado mércores 1 de marzo.
A artista interpretou xunto á pianista Lidia Aldao “I Eu?”, o tema producido durante o programa de mentoring de Descúbreas, e unha íntima versión de “Penélope” de Guadi Galego.
Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra, desvelou durante o acto a extensísima programación preparada co motivo do 8M baixo o lema “A nosa voz, o noso espazo, os nosos dereitos” e o hastag #depoPORelas365, que inclúe diversas intervencións artísticas, presentación de libros, as novas edicións de premios como os de “Mulleres No Foco” ou “Mulleres Salgadas”, exposicións e diferentes actividades dende os eidos de Alianzas na Política, da Empresa-Economía, dos Medios de Comunicación, do Saber, Investigación e Universidade e da Creatividade, da aposta pola Coeducación e por visibilizar o legado da excelencia das mulleres.
Podes descubrir toda a programación completa premendo no botón:
Non perdas o vídeo resumo da presentación da programación do 8M coa actuación de A Riso e Lidia Aldao: