Patricia Hermida

Traballa desde 1995 na industria da música exercendo diferentes roles dentro da cadea de valor, pero xa na última década oriéntase principalmente ao seu papel de manager e produtora. Licenciada en Dereito Económico-empresarial pola Universidade de Vigo, master en Propiedade Intelectual pola Universidade Rey Juan Carlos e e técnica Superior en Producción Audiovisual e de espectáculos, traballou no desenvolvemento de carreiras de artistas do recoñecemento de Susana Seivane ou Heredeiros da Crus, entre outros e participa activamente no asesoramento a bandas e artistas, fundamentalmente a través da Fundación Paideia.

Desde o 2019 é Co-presidenta do IMMF (International Music Managers Forum) e no 2016 foi unha das socias fundadoras MIM (Mujeres de la Industria Musical) que nace co obxectivo de velar polo cumplimento da igualdade efectiva de mulleres e homes no sector.

INFO: Dotbeat