adele

Adele anuncia single e comparte un breve adianto

Era un dos regresos máis esperados. Adele acaba de compartir un fragmento de 22 segundos dun novo tema titulado “Easy on me” xunto a unha data clave: o 15 de outubro.

É o primeiro material inédito da británica desde a publicación do seu último álbum “25” en 2015, e desde entón fóronse sucedendo os rumores sobre a súa volta á música. 

No vídeo, creado cunha estética clásica de branco e negro, vemos á artista conducindo mentres escoita unha cinta de cassette. Queres descubrilo?