Adele

Adele estrea o videoclip de “Oh My God”

Adele volve estar no centro dos focos, esta vez pola estrea do seu novo e épico videoclip “Oh My God”.
 
O clip está dirixido por Sam Brown, quen dirixiu fai dez anos o icónico “Rolling In The Deep”, e nel vemos a Adele multiplicada nun clip editado a modo de plano secuencia no que se suceden personaxes, situacións e potentes imaxes, como unha serpe empolicada a unha cadeira ou unha muller subida a lombos dun elegante cabalo negro.
 
O videoclip, de estética retro branco e negro, conta cunha complexa coreografía dirixida por Megan Lawson, e o vestiario da artista británica foi deseñado por nada menos que Harris Reed, Louis Vuitton e Vivienne Westwood.
 
O videoclip xa suma máis de 9 millóns de reproducións en Youtube en menos de 24 horas. Non esperes máis a descubrilo: