Alba Messa

Alba Messa lanza novo avance do seu próximo disco: “Quizá Soy Yo”

A galega Alba Messa continúa presentando os temas que formarán parte do seu novo disco “Medio Mal Medio Bien”.

Tras os sinxelos “Me Gustó” , “Me Despido De Ti” e  “Silencio (Causas y Efectos)“ chega agora “Quizá Soy Yo”, un tema composto a modo de interludio do disco e producido por Jose Manuel Moles.

O novo álbum da artista será de carácter conceptual e introspectivo,  e parece afastarse da sonoridade pop alegre dos seus últimos traballos.

A proposta visual do clip mantén ese carácter conceptual, unificando escenario e gama cromática cos anteriores videoclips do disco.

Descúbreo xa!

Más artículos sobre...
Consultas en línea industria musical
Industria musical
Consultas en línea hazlo tú misma
Hazlo tú misma
Categoria miscelánea
Miscelánea