Alba Messa

Alba Messa lanza “Ya Me Tengo” e anuncia último avance do seu novo disco

Compartir

A artista galega Alba Messa acaba de estrear un novo avance do seu próximo disco “Medio Mal Medio Bien”.

“Ya Me Tengo” correspóndese ao segundo interludio do álbum, creado a modo conceptual. O videoclip está rodado nunha única toma e mantén a estética e gama cromática dos anteriores adiantos do disco. O tema foi producido por Jose Manuel Moles.

A artista acaba de anunciar ademáis que este 20 de maio publicará “Vacío”, último avance deste novo traballo. En palabras da Alba Messa: “Emocióname moito este momento, polo que significa a nivel de esforzo, ilusión, entrega e compromiso, e polo que se manifesta ante min a nivel persoal”.

Descubre xa o clip de “Ya Me Tengo”: