Amaia

Amaia desvela detalles do seu novo disco

Compartir

Amaia acaba de compartir nas súas redes sociais algúns detalles do seu próximo disco. Levará por título “Cuando No Sé Quién Soy” e xa podemos descubrir a súa portada e contraportada, na que aparece suxeitándoseun colgante con forma de corazón  cuxo interior mostra unha fotografía dela de nena.

O disco estará formado por 10 temas entre os que se incluirá unha canción en colaboración coa que foi a súa compañeira en OT, Aitana.

Haberá que esperar aínda para saber que día poderemos gozar deste novo álbum, pero permaneceremos atentas ás novidades.