Amaia estrea “Yamaguchi”, un tema en homenaxe a un parque de Pamplona

Amaia entrou en 2022 con novo tema e videoclip debaixo do brazo: Yamaguchi, unha canción composta en homenaxe a un parque de Pamplona do que garda grandes recordos da súa infancia.
“Yamaguchi” formará parte do seu próximo disco, que esperamos vexa a luz este 2022. O single está producido unha vez máis por Alizz, e móvese nunha sonoridade próxima á mùsica rexional navarra, aínda que en palabras da propia artista: “Non é unha xota, nin un chotis, tampouco unha copla, nin unha alegría, aínda que ten algo de todas elas… Parecíame moi orixinal o concepto porque Yamaguchi é un parque de Pamplona, pero á súa vez é unha cidade xaponesa. A mestura de estilos que ten a canción foi algo que vimos que ía ir sucedendo nas sesións de composición”.
O seu videoclip está dirixido por Neelam Khan Vela, e nel vemos a Amaia percorrer espazos do Parque Yamaguchi a través dunha mestura de imaxes oníricas e vintage. A Dirección de Fotografía correu a cargo de Álvaro Jiménez:
Más artículos sobre...
Consultas en línea industria musical
Industria musical
Consultas en línea hazlo tú misma
Hazlo tú misma
Categoria miscelánea
Miscelánea