angel olsen

Angel Olsen lanza a súa cover de “Safety Dance”

A estadounidense Angel Olsen acaba de compartir a súa versión de “Safety Dance”, un tema publicado en 1982 por Men Without Hats que formará parte do seu EP de versións dos 80 “Aisles”.
O EP foi gravado nos “Drop of Sun Studios” de Asheville baixo a produción de Adam McDaniel, e verá a luz o próximo 20 de agosto.
 
Olsen explicou nun comunicado as súas reflexións á hora de facer unha versión do tema: “Sentín que esta canción podería reinterpretarse para que tratase sobre o momento da corentena e o medo para estar preto de alguén ou divertirse demasiado…Fíxome preguntarme, é seguro rir ou bailar ou estar libre de todo por un momento?”
 
Descubre xa como soa ” Safety Dance”: