Whitney houston

Anunciada a poxa dunha demo inédita de Whitney Houston

Unha demo inédita dunha das voces máis icónicas da escena internacional, Whitney Houston, será poxada como un artigo único “ OneOf One Iconic” dentro dunha colección da plataforma de conciencia ecolóxica NFT .
 
A data da poxa darase a coñecer durante a Miami Art Week. O tema foi gravado por Whitney cando soamente tiña 17 anos, e o gañador ou gañadora da poxa accederá así á gravación inédita do tema xunto a un vídeo dixital creado pola artista Diana Sinclair que incluirá fotos practicamente descoñecidas de arquivo da cantante. Toda unha xoia para @s fans da artista.
 
As ganancias xeradas pola venda irán destinadas á Fundación Whitney E. Houston, que traballa para empoderar e crear oportunidades á xente nova
 
Non te perdas a nova versión dance de Clean Bandit de ” How Will I Know”, tema incluído no disco debut de Houston do 85 e que acaba de ser publicada!: