Ariana Grande acaba de lanzar xunto a Kid Cudi o tema “Just Look Up”, unha emotiva balada que forma parte da BSO da película de ciencia-ficción de Netflix “Don´ t Look Up”, dirixida por Adam McKay e protagonizada por caras tan coñecidas como Leonardo DiCaprio, Jennifer Lawrence, Cate Blanchett ou Meryl Streep.
A película estrearase en España o próximo 24 de Decembro. O tema está producido por Nicholas Britell e foi coescrito pola propia artista xunto a Kid Cudi, Nicholas Britell e Taura Stinson.
Xa podes descubrir o seu lyric vídeo, creado por Le Gregory :