astrogirl

Astrogirl estrea “Ángeles Durmientes”, adianto do seu novo disco

A cantautora galega Astrogirl acaba de estrear o videoclip de “Ángeles Durmientes”, segundo avance de “Portales”, o seu novo disco de estudio que verá a luz o próximo 24 de setembro. Definido como “unha viaxe chamánica na que cada unha das dez cancións que o conforman representa unha parada nesa viaxe, coa súa propia idiosincrasia”, o novo álbum da artista foi gravado nos estudos Alamo Shock baixo a produción de Guille Mostaza e Diego Perinetti.
O artwork do disco foi creado pola ilustradora Agustina Shuan.
 
“Ángeles Durmientes” é un tema que fala sobre a vaidade e que desprende unha bailable sonoridade indie-pop. O seu videoclip foi gravado en diferentes localizacións da Coruña baixo a dirección de Ferga´ s Projec. Descúbreo xa!