avril lavigne

Avril Lavigne está de volta con “Bite Me”

Avril Lavigne sorprendeu as súas fans con “Bite Me”, un novo single co que pega un volantazo cara ao son pop punk co que saltou á fama a principios dos 2.000, e co que se afasta radicalmente do son íntimo e acústico do seu último disco, “Head Above Water”.
 
O tema fala sobre o final dunha relación tóxica. En palabras de Avril Lavigne: “O single é un himno sobre saber o teu valor, o que che mereces, e non darlle unha segunda oportunidade a alguén que non che aprecia”.
 
A artista estrea ademais selo discográfico DTA, propiedade do batería de Blink-182 Travis Barker, quen colabora no single. Aínda non hai información sobre se este novo sinxelo da canadense formará parte dun novo álbum, aínda que todo parece indicar que si.
 
Descubre xa como soa ” Bite Me”!: