Avril

Avril Lavigne presenta a versión acústica de “Bite Me”

Avril Lavigne acaba de estrear a versión acústica do seu novo single “Bite Me”, o primeiro que publica co seu novo selo DTA Records (propiedade do baterista de Blink-182 Travis Barker).
 
O videoclip que acompaña esta nova versión está dirixido por Mod Sun e Charlie Zwick, e nel vemos a un mozo con problemas dentais que non vai ter o seu mellor día na clínica.

Avril Lavgine declarou sobre este novo videoclip: “Foi especial porque puiden facelo con algunhas das mesmas persoas que me axudaron a crear o meu novo disco, de principio a fin. Axudáronme a capturar a miña visión de todo o disco, así como esta versión simplificada e non podería facelo sen a súa axuda”.
 
O papel de dentista está interpretado polo produtor musical John Feldmann, e para non facerche máis spoilers deixamos que descubras ti mesma o que ocorre no clip:
 
Más artículos sobre...
Consultas en línea industria musical
Industria musical
Consultas en línea hazlo tú misma
Hazlo tú misma
Categoria miscelánea
Miscelánea