A compositora madrileña Bely Basarte acaba de anunciar nas súas redes sociais que o próximo 10 de setembro verá a luz un novo EP, que levará por título “Psicotropical”.
A artista compartiu tamén o deseño da portada, que é obra de Joaquín Reixa. A fotografía principal foi realizada por Steven Bernhard.
O EP contará con colaboracións, e entre as cancións que formarán parte del estará “Tomando Tequila”, un tema estreado o pasado mes de xuño, e que podes rememorar aquí: