Music Equality Forum

As principais entidades que traballan por un sector musical igualitario danse cita en BIME PRO

Compartir

A feira internacional da industria musical de Bilbao acolle o congreso internacional Music Equality Forum, con interesantes paneis nos que participan as responsables das entidades internacionais máis importantes en materia de igualdade

A novena edición de BIME trae un BIME CAMPUS cunha completa oferta formativa para aquelas persoas interesadas en coñecer as distintas áreas da industria musical

Music Equality Forum

BIME PRO sempre é punto de encontro da industria musical, pero este ano faino, ademais, con perspectiva de xénero e convértese na sede internacional do Music Equality Forum. Neste espazo reuniranse as principais iniciativas nacionais e internacionais que traballan en prol dunha industria en igualdade de oportunidades. Asociación MIM, Shesaid.so, British Council, Keychange, Ruidosa, MUSAP e Femnoise danse cita neste foro para ampliar a repercusión das súas respectivas actividades e seguir traballando por un obxectivo común. O ciclo está composto por paneis, obradoiros e outras actividades especiais. Entre as invitadas máis destacadas están Mala Rodríguez, Shirley Manson (Garbage), Paula Rivera (Instituto Nacional da Música de Arxentina), Mia Ternström (Keychange) e Carmen Zapata (presidenta de MIM/ASACC), entre outras.

A axenda prevista para este evento sen precedentes é:

XOVES 28 DE OUTUBRO

10:00 – 11:00 | A outra sostibilidade: a igualdade de xénero

11:10 – 12:10 | OBRADOIRO. Como impulsar o teu perfil profesional

12:20 – 13:20 | OBRADOIRO. #elAntiworkshop: que buscamos do traballo en rede?

13:30 – 14:15 | A conversation with… Mala Rodríguez

16:00 – 17:00 | Mesmo obxectivo, distintas formas: cara á cooperación global na loita pola igualdade de xénero [Sala 0B]

17:10 – 18:10 | OBRADOIRO. Novos perfís e tendencias na música

18:30 – 19:15 | A conversation with… Shirley Manson

19:00 – 19:15 | Entrega do Premio Inspiracional Keychange

BIME CAMPUS de BIME PRO

BIME CAMPUS Temas

Por outra banda, BIME PRO sempre é unha boa oportunidade para aprender das diferentes conferencias de profesionais. Baixo o paraugas de BIME CAMPUS, como cada ano, desenvólvese un programa de formación avanzada para todas as persoas que queiran profundar nos coñecementos e traballar no sector da música. Un dos obxectivos é guiar o alumnado por unha industria complexa, dinámica, innovadora, que se reinventa constantemente e que, polo tanto, está chea de posibilidades. Ademais, pretende crear un contorno que axude a mocidade a empezar a escribir un futuro a través da industria musical. A forma de facelo é propoñendo unha base de coñecementos teóricos e prácticos que sirva tanto para comezar unha andaina profesional no sector coma para afianzar unha traxectoria previa. Así mesmo, ofrece a posibilidade de establecer rutas alternativas na industria musical que facilitan e multiplican os fluxos artísticos e profesionais entre América Latina e Europa.

Para acceder a este evento, a organización estableceu un prezo especial para a xuventude e o estudantado. Aínda que existe un programa de bolsas, o prazo para solicitalas xa concluíu. Xa se seleccionaron as e os 24 estudantes que se beneficiarán das bolsas CAMPUS+, dos cales catro viaxarán desde México, dous desde Chile e outros dous desde Colombia.

O programa para BIME CAMPUS é o seguinte:

MÉRCORES 27 DE OUTUBRO

10:00 – 11:00 | Mercados e feiras: como crear conexións e intercambios culturais a través de encontros internacionais  de música

11:10 – 12:10 | Contratos, a materia pendente dos artistas

12:30 – 13:30 | Plataformas de streaming de audio por subscrición: o problema ou a solución para a música e os medios de comunicación?

15:00 – 16:00 | A produción en salas tamén existe

16:10 – 17:10 | RPS presents: entrevista a Zoe Gotusso

XOVES 28 DE OUTUBRO

9:30 – 10:30 | Mitos e lendas do marketing dixital

10:40 – 11:40 | Emprender na industria musical.  O belo e o duro

11:50 – 12:50 | Que e como queres ser na industria da música?

13:10 – 14:10 | Sincros e subedición. Hoxe ensinámosche o “Matrix” das editoriais de música

VENRES 29 DE OUTUBRO

10:30 – 11:30 | Business management desde unha perspectiva diferente

11:40 – 12:40 | Eu para que necesito un selo?

13:00 – 14:00 | Música e Axenda 2030: a cultura para o desenvolvemento sostible