A banda galega Broken Peach acaba de conseguir o prezado Botón de Prata de Youtube, unha distinción que a plataforma outorga as/aos creador@s de contido que superan o 100 mil subscriptores na súa canle.
A formación quixo celebralo creando un divertido e elegante vídeo de Nadal a modo de curtametraxe no que ademais nos desvelan que este 2022 verá a luz un novo disco.
Non te perdas o vídeo, que conta coa colaboración de Fon Kid e está dirixido por Jacobo Areal xunto aos propi@s Broken Peach: