Broken Peach

Broken Peach lanza “Don’t You Want Me (Halloween Special)” e anuncia concerto en Youtube

Compartir

A banda galega Broken Peach acaba de lanzar, coma de costume por estas datas, o seu videoclip especial para Halloween. 

Nesta ocasión a formación elexiu o hit de 1981 “Don´t You Want Me”, do grupo británico de synthpop The Human Live.

O clip foi rodado no Museo Interactivo da Historia de 𝐋𝐮𝐠𝐨 e xa acumula máis de medio millón de reproduccións en Youtube.

E isto non remata aquí, porque Broken Peach anunciou que este mércores 26 de outubro ás 23.00h lanzará en Youtube un concerto especial de Halloween gravado nunha única toma o pasado 28 de setembro, autoproducido e editado pola propia banda e a súa equipa e onde interpretarán os temas de Halloween que lanzaron estes últimos anos, como “𝐆𝐡𝐨𝐬𝐭𝐛𝐮𝐬𝐭𝐞𝐫𝐬”, “𝐓𝐡𝐢𝐬 𝐈𝐬 𝐇𝐚𝐥𝐥𝐨𝐰𝐞𝐞𝐧”  ou “𝐏𝐞𝐫𝐬𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐉𝐞𝐬𝐮𝐬”.

As fans que queiran colaborar con Broken Peach poderán facelo mercando un boleto premendo no botón de “superthanks” que atoparán debaixo do video na súa canle de Youtube.