brokenpeach

Broken Peach tingue o Nadal de rock ca súa esperada panxoliña

Compartir

O grupo de música Broken Peach recibe o Nadal, dende fai anos, versionando coñecidas panxoliñas ás que lle aporta o seu especial toque roqueiro. Este ano o tema elexido é “It’s Beginning to Look a Lot Like Christmas” que foi escrita en 1951 por Meredith Willson e escollida por moitos artistas para gravar a súa propia versión, destacando o éxito de “Perry Como & The Fontane Sisters”.

Como é habitual nos vídeos publicados pola banda, na súa canle de YouTube, volveron a elexir unha ubicación en Galicia; nesta ocasión o “Pazo de Libunca” en Narón.