O dúo Caamaño & Ameixeiras acaba de estrear o vídeo en directo do fandango tradicional “Alegría Dio’la dea!”, tema que forma parte do novo disco da formación galega, a quen se une neste tema a banda Fetén Fetén.
A súa instrumentación complétase así con mandolina, serrucho e culleres. “Alegría Dio’la dea!” foi gravado e mesturado por Diego Bea Besada, quen tamén é responsable da realización do videoclip, rodado na Aldea do Couto. Non o perdas: