CARLA LOURDES

Carla Lourdes lanza “Si Es Contigo”, un novo sinxelo

A cantautora Carla Lourdes acaba de lanzar “Si Es Contigo”, un novo e alegre sinxelo producido por Raúl Ben. 

O diseño do artwork do tema é obra de @clarimoro. Carla xa anunciou que o próximo 15 de xullo publicará o videoclip da canción, aínda que xa lanzou algún pequeno adianto nos seus Instagram Stories. Así que mentres esperamos a descubrilo por completo, deixamos que lle des unha escoita a “Si Es Contigo”: