Carolina Rubirosa presentou o videoclip de “Hollywood”, un tema que forma parte do seu novo disco “Tierra de Nadie” e que conta coa participación do músico estadounidense Lou Marin.
O sinxelo, que fala da superficialidade da sociedade actual, chega acompañado dun videoclip de animación dirixido por Xaime Miranda e creado a partir da técnica de rotoscopia partindo dos debuxos a man frame por frame de Antón Miranda. O vídeo é toda unha oda ao cine de Hollywood transformando a cidade de A Coruña nun gran plató.
Iria Fafián foi a responsable da ilustración de fondos e dirección de cor. Non o perdas!: