carolina_rubirosa

Carolina Rubirosa estrea “Deus que leda que m’esta noite vi”

Compartir

Primeiro sinxelo de “Soldadeiras”, un disco onde a compositora galega escribe as músicas orixinais de sete cantigas medievais da lírica galego-portuguesa, con ritmos e sonoridades de vangarda.  O título do disco fai referencia ás mulleres que acompañaban aos trobadores bailando ao ritmo das músicas das cantigas.

“Deus! que m’esta noite vi” é unha cantiga de amigo escrita por João Mendes de Briteiros, trovador portugués de finais do S. XIII-mediados do XIV, da que non se coñece versión musical algunha ata o de agora.

O videoclip, firmado por Iria Iglesias, foi creado cos modelos de intelixencia artificial na que se poden apreciar distintos rostros e escenas relacionadas coas cantigas de amigo.