Catuxa Salom está de regreso con “Ten Ten Pé”, un novo e bailable sinxelo de sonoridade electrofolk producido por Marcos Bayón e con percusións de Lucía Cortiñas. O tema é o primeiro adianto do próximo EP da artista, un proxecto creado ao 90% por mulleres.
Catuxa Salom falou nas súas redes sociais sobre este novo sinxelo: “É unha canción que compuxen unha noite cando me perdín polo bosque e de subito as árbores xa non eran tan “cool” e parecían sombras moi escuras… É unha canción de meigas que bailan en pelotas o redor dunha fogueira”.
Prepárate para bailar con “Ten Ten Pé”: