christina

Christina Aguilera estrea a balada “Somos Nada”

Compartir

Tras presentar hai algunhas semanas o seu single “Pa´Mis Muchachas” coa colaboración de  Nathy Peluso, Becky G e Nicki Nicole, Christina Aguilera estrea agora a balada “Somos Nada”, un tema que fala sobre a forza interior e a valentía ante o amor que formará parte do seu novo EP “La Fuerza”.
 
O tema estreouse unhas horas despois da súa actuación nos Latin Grammy, onde a artista regresou ao grande tras máis de dúas décadas sen subirse ao seu escenario.
 
O videoclip de “Somos Nada”, rodado en Los Ángeles e dirixido por Alexandre Moore, comeza coa artista sacando do maleteiro do seu coche a un mozo ao que lle espera un mal final. Podes descubrilo aquí: