Christina

Christina Aguilera estrea ” Pa´Mis Muchachas” xunto a Nathy Peluso, Becky G e Nicki Nicole

Christina Aguilera acaba de sorprender aos seus seguidor@s co lanzamento de ” Pa’ Mis Muchachas”, un novo tema sobre o empoderamento e a sororidade xunto a Nathy Peluso, Becky G e Nicki Nicole.

O tema, de sonoridade latina, está producido por Julio Reyes Copello, e o seu videoclip está dirixido por Alexandre Moors.

A artista xa adiantara hai algún tempo que se atopaba preparando un novo disco en castelán que abrirá unha nova etapa latina na súa traxectoria. Nel participaron os produtores Rafa Arcaute e Oriana Hidalgo.

Non te perdas o videoclip de “Pa´Mis Muchachas”: