Como se debería rexistrar unha canción cando os arreglos son dunha persoa e a canción e letra doutra?

Compartir

Chegounos ao foro unha pregunta moi interesante que fai referencia aos dereitos musicais: “Como debería rexistrar unha canción cando a letra e a música é miña pero os arranxos son do grupo?”.

O proceso axeitado nestes casos e alcanzar un acordo entre todas as partes implicadas. Xeralmente, do 100% dos dereitos, o reparto entre a creación de música e letra e do 50% para cada unha delas, pero se hai máis persoas que participen no proceso creativo haberá que telas en conta, claro.

Neste contexto non existen regras, xa que, por exemplo, no caso dos arranxos musicais, ese porcentaxe dependerá do “valor” ou “importancia” que teñan os mesmos na canción e, como supoñemos que entenderedes, ese valor é moi subxetivo. Por exemplo, se os arranxos son arranxos musicais e decidides que poden valorarse nun 15% dos dereitos, o reparto quedaría: letra 50% / música 35% / arranxos musicais 15%.

Coñecemos directamente casos nos que os arranxos recibiron desde un 5% de dereitos ata case un 40%. Tamén é bo que saibas que moitos grupos ou bandas emerxentes optan por repartos igualitarios, que é outra opción que che aforra o proceso de negociación dos dereitos. Como poderás ver, non hai un patrón a seguir, pero estamos seguras que falando se chega aos mellores resultados.

Se tedes máis dúbidas deste ou outros temas podedes seguir preguntando e axudarémosvos todo o posible.