Conta atrás para as inscricións da II Edición do Mentoring de Descúbreas: Aquí tes os videoclips da I Edición

O prazo de inscripción ao Programa de Mentoring de Descúbreas da Deputación de Pontevedra de este 2022 está a piques de esgotarse. Este próximo venres 11 de marzo será o último día no que as mozas residentes en Pontevedra de entre 16 e 30 anos que teñan creado ao menos unha canción poidan presentarse as 8 becas que concede a Deputación de Pontevedra, e que servirán para que as candidatas elexidas den os seus primeiros pasos na industria musical a través de mentorías con mulleres referentes da industria, a gravación dos seus singles nun estudio profesional e a realización dos seus videoclips.

Podes inscribirte todavía premendo no botón!

Hoxe queremos recordar os singles e videoclips que creamos durante a I Edición do programa o pasado 2021 coas 8 mozas mentorizadas: Ali, Law, Eva, Xia, Inés, Sara, María e Aroa

Preme sobre as fotos para descubrir os videoclips!

Más artículos sobre...
Consultas en línea industria musical
Industria musical
Consultas en línea hazlo tú misma
Hazlo tú misma
Categoria miscelánea
Miscelánea