Conversa e Descubre:
“Claves para a túa carreira musical“

Share on facebook
Share on whatsapp

Catro mulleres da industria musical de Galicia axudaránche a entender como funciona o sector musical e o seu traballo na escea

Descubrir é parte da natureza do ser humano, pero o importante é que nos deixen facelo. Este próximo 20 marzo ás 11:00h, a través da web e o Twitter da Deputación de Pontevedra, descubriremos a catro mulleres do sector musical de Galicia con diferentes traxectorias, diferentes traballos, pero una mesma paixón: a música. Un achegamento aos diversos roles e experiencias que che axudarán a comprobar o gran potencial das mulleres da escena musical e o traballo que hai nesta industria. Ademais, acompañaranos Carmela Silva, a Presidenta da Deputación de Pontevedra. Queres coñecer a estas catro mulleres con nós?

Patricia Hermida, 'manager' e copresidenta do IMMF

Patricia Hermida é licenciada en Dereito Económico-Empresarial, ten un máster en Propiedade Intelectual e é técnica superior de Produción Audiovisual e Espectáculos.

Dende 1995 traballa na industria musical,  na que exerceu diferentes roles. Non obstante, na última década o seu traballo centrouse principalmente no seu papel de manager e productora de concertos. Ademais, colaborou no desenvolvemento de carreiras de artistas como Susana Seivane o Heredeiros da Crus, entre otros.

Desde 2019 é copresidenta do International Music Managers Forum (IMMF) e en 2016 axudou a fundar a Asociación de Mujeres da Industria Musical (MIM).

Sabes que é o IMMF? E a asociación MIM?

  • O IMMF conecta a artistas e xerentes a nivel mundial para compartir experiencias, oportunidades, información e recursos; é dicir, é unha rede colaborativa para axudarse entre artistas e managers.
  • A asociación MIM nace para que homes e mulleres sexan considerados iguais, teñan os mesmos salarios e as mesmas oportunidades e posibilidades na industria musical.

Mariña Paz, alumna de Estudo Bonobo e voz en Furious Monkey House

Mariña Paz é a voz da banda Furious Monkey House e alumna de Estudio Bonobo. Comezou a asistir a clases extraescolares de música no CEIP Barcelos de Pontevedra e continuou aprendendo en Estudio Bonobo.

Para ela, cantar é unha forma de expresar sentimentos, soños, pensamentos, pero tamén unha forma de divertirse. Apaixónalle a música en directo e encantaríalle telonear a Tyler the Creator ou Slowthai.

Ademais de cantar e tocar varios instrumentos, Mariña formouse en Producción Musical en Estudio Bonobo.

Raquel Seijo, directora e promotora en Sweet Nocturna

Raquel Seijo leva máis de 16 anos á fronte da súa promotora, Sweet Nocturna. Estudou xornalismo, pero dedícase profesionalmente á realización de eventos musicais por toda Galicia con artistas nacionais e internaciones como Artic Monkeys, Lauryn Hill ou Bjork, entre moitos outros.

Comezou na música traballando en diversas empresas que organizaban festivais e concertos. Aos poucos aprendeu como funcionaba o sector da música e actualmente ten a súa propia promotora. Non só organiza concertos, senón tamén festivais, como o Festival Underfest, en Vigo, e o Ciclo Galicia Importa. Ademais, é membro da Asociación de Promotores Musicais (APM) e é a Presidenta da asociación de Festivais de Galicia.

Que é a APM? E Festivais de Galicia?

  • A Asociación de Promotores Musicales (APM) é a principal representante da industria da música ao vivo en España. As súas socias e socios constitúen o 80% dos promotores privados do país; ademáis, encárganse das principais xiras a nivel nacional e internacional.
  • Festivais de Galicia é un proxecto colaborativo que busca promover e poñer en valor o sector musical e os festivais galegos; profesionalizar e aumentar tanto a oferta como a calidade e sostenibilidade dos festivais son parte dos seus obxetivos.

Susana Saavedra, voz de Agoraphobia

Susana Saavedra é a voz de Agoraphobia, unha banda que naceu cando ela tiña 16 anos; formada íntegramente por mulleres  e que xa se converteu nunha das bandas máis recoñecidas de Galicia. 

Ademais da súa carreira como integrante de Agoraphobia, Susana é profesora na academia Pops School de Ribeira e realiza labores de producción e comunicación dentro da industria musical. 

Datos do evento:

  • Lugar: sede de Vigo de la Diputación de Pontevedra.
  • Día e hora: 20 de marzo, ás 11:00h.
  • Streaming: retransmisión en directo a través de depo.gal e do Twitter da Deputación de Pontevedra.

Queres facerlles unha pregunta?

Sabemos que moitas de vós tedes dúbidas, por iso propoñémosvos que nolas enviedes ao noso correo (info@descubreas.com), as nosas redes sociais ou a través do formulario de contacto.

Deixa unha resposta

Mais artigos sobre...
Mais artigos sobre...
categoria industria musical
Industria musical
categoria hazlo tú misma
Faino ti mesma
categoria miscelanea
Miscelánea

QUE FACEMOS
Feitos destacados

NOVAS
Actualidade musical

VÍDEOS
Inspírate co que está a soar nas redes

ENTREVISTAS
Historias en primeira persoa

VIDEOTUTORIAIS
A un clic do que necesitas saber sobre música

FORO
Resolvemos as túas dúbidas, envía a túa consulta!

MENTORING
Programa de mentoría musical

AXENDA
Os eventos que non podes perder

DIRECTORIO
Artistas, sonidistas, axencias, escolas…