Nubes-dani

dani estrea o videoclip de “Nubes”

Compartir

A artista galega dani acaba de estrear o orixinal videoclip de “Nubes”, un dos temas do seu novo disco “Postdata” recén publicado.

Dirixido, como ven sendo habitual, por Silvia Coca, o clip trasládanos a historia dunha peculiar e oitenteira boda, os preparativos da emocionada noiva xunto ás suas damas de honra (as artistas Kimberley Tell e María Grep, as súas compañeiras en Coolnenas), e un final completamente inesperado.

Alex Arteaga firma a coidada direción de fotografía. O tema está producido por DELVAL.

Non o perdas!