dani

dani publica o videoclip do seu novo single: “Lento”

Compartir

A artista galega dani publicou o videoclip do seu novo sinxelo “Lento”, tema que formará parte do seu segundo disco e que está producido por Aaron Rux.

“Lento” fala das sensacións tras unha ruptura amorosa. O clip, dirixido por Silvia Coca, mostra á artista camiñando e bailando na praia cunha bela posta de sol na que vemos de fondo as Illas Cíes.

Descúbreo xa!