Mestredesubreas-1024x581

Descubre ás nomeadas á Mellor Música Orixinal e Mellor Videoclip nos Premios Mestre Mateo 

Compartir

A compositora galega Elba Fernández (Mordem) é finalista aos Premios Mestre Mateo 2022 xunto a Xavi Font na categoría a Mellor Música Orixinal pola BSO da segunda tempada de “Hierro”. É a única muller nomeada nesa categoría. Amb@s compositor@s lograron a figura o pasado 2020 pola BSO da primeira tempada da serie.
 
Cumac Producións, produtora galega formada por catro creativas: Raquel Currás, Lucía Carrera, Lucía Abeledo e Ana Muñoz, opta á figura ao Mellor Videoclip por “Voucho Contar Así” de Antilia. E é que tres bandas lideradas por mulleres : Tanxugueiras, Antilia e Triángulo de Amor Bizarro, competirán xunto a Pablo Lesuit polo Premio ao Mellor Videoclip.
 
A Gala da XX edición dos premios Mestre Mateo celebrarase o vindeiro sábado 19 de marzo en Expocoruña, e poderás seguila en directo a través da TVG.
 
Desde Descúbreas desexámoslles moita sorte ás finalistas!
 
Podes ver os clips nomeados aquí mesmo: