Leticia

Descubre o videoclip de “Sneaky, Delicious” de Leticia Rey

Compartir

A cantautora galega Leticia Rey publicou o videoclip de “Sneaky Delicious”, un dos temas do seu disco debut, en Youtube.

Gravado no Garufa Club durante o concerto de presentación do álbum “Lux”, o video foi realizado por Pablo Soto Goluboff e captura á perfección a atmósfera vivida na sala durante o seu directo xunto a Oscar Quintáns, Jorge Quesada e Iago Mouriño.

Non o perdas!