Nestes últimos anos puidemos observar certa melloría nos diferentes sectores da asociación en materia de igualdade, pero por desgraza aínda queda moito no que traballar.
Onte, 19 de febreiro, xunto á Deputación de Pontevedra, falamos das novidades de Descúbreas e os novos lanzamentos, pero tamén da importancia da colaboración, da creación de redes e o apoio que nos están dando as profesionais, escolas e artistas. Como ben explicou Carmela Silva, «Na industria musical hai teitos de cristal e solos pegañentos que impiden que as mozas poidan chegar. Non pode haber nada mellor que permitir que as mulleres novas teñan instrumentos para poder dedicarse á música». Isto é o que queremos lograr coa axuda de todas estas mulleres e homes que apoian Descúbreas.
Xa podes subscribirte á nosa Newsletter para estar ao tanto de todas as novidades semanais e convidámosche a que esteas atenta ás novidades do Mentoring. Se tes entre 16 e 26 anos, neste programa terás a oportunidade de que mulleres profesionais do sector musical te asesoren no teu proxecto musical. Na nosa web, redes e newsletter iremos informando de todas as novidades.
OS MEDIOS FALAN DE DESCÚBREAS
FÍO DE TWITTER
? @descubreas
— Deputación Pontevedra (@depo_es) February 18, 2021
O programa conta con:
➡ videotitoriais para que as rapazas aprendan a iniciarse na industria
➡ un foro de contidos en liña con asesoramento profesional
➡ vídeo-entrevistas a mulleres do sector pic.twitter.com/LW7UuoX8Ou