cancions actuais

Descúbreas presenta unha videoreportaxe sobre algunhas das cancións feministas máis destacadas do século XXI

A chegada do S.XXI trouxo consigo a aparición de novos movementos feministas como o #metoo, provocando un forte empurrón á conciencia social de igualdade que fora conquistando pouco a pouco o seu espazo grazas ás ondas feministas previas. A música continuou así camiñando da súa man grazas a unha nova xeración de artistas que, coas súas cancións, recollían o testigo das súas predecesoras.

Nesta ocasión Descúbreas presenta unha videoreportaxe sobre algunhas das cancións feministas máis destacadas do século XXI, tanto da escena internacional, coma da nacional e galega.

canciones feministas

Cancións inspiradas nos abusos dentro da industria musical, a violencia de xénero ou a sororidade feminina. Unha viaxe a través de temas como “Run The World (Girls)” de Beyoncé, “Woman” de Kesha, “Merichane” de Zahara ou “Non Son Fada”de Sés.

Descubre en qué se inspiraron Christina Aguilera & Demi Lovato en “Fall In Line”, o porqué da censura do videoclip de “Mother´s Daughter” de Miley Cyrus, ou de quén fala a canción “Berta Multiplicada” de Christina Rosenvinge.

Non te perdas a nova videoreportaxe de Descúbreas sobre algunhas das cancións feministas máis destacadas do S.XXI, e se aínda non descubriches a nosa videoreportaxe sobre cancións icónicas do feminismo, podes vela agora facendo click no botón: