Concerto

Descúbreas presentará a súa segunda edición cun concerto exclusivo

Compartir

O programa Descúbreas, promovido pola Deputación de Pontevedra, arrinca cun concerto producido especialmente para este evento. O próximo 22 de abril, o salón de plenos da Deputación de Pontevedra acollerá a presentación da segunda edición de Descúbreas.

Durante o acto algunhas das artistas do programa de Mentoring da edición anterior interpretarán as súas cancións xunto a músicas profesionais e estudantes da provincia. O evento será presentado pola cantante e produtora musical, Wöyza. Aínda que o aforo é limitado, poderase seguir todo o acto por streaming a través da páxina da Deputación de Pontevedra.

Profesoras, artistas e alumnas de escolas da provincia prepararon de forma especial para este evento, as adaptacións das cancións que as artistas de Descúbreas Mentoring gravaron e publicaron o ano pasado en todas as plataformas dixitais. A presentadora do evento, Wöyza, é unha das mentoras que colaboraron o ano pasado co programa Descúbreas, mulleres que son referentes da industria musical galega, nacional e internacional.

Momento do ensaio do concerto de Descúbreas

No evento do próximo venres daremos a coñecer algunhas das novidades do programa # Descúbreas2. Aínda que en principio a intención era celebralo ao aire libre e cun aforo máis amplo, ao final, debido ás previsións de choiva, o Salón de Plenos acollerá esta actividade que esperamos poidas seguir en streaming na páxina da Deputación de Pontevedra.