Dolly Parton

Dolly Parton anuncia disco e novela

A compositora estadounidense Dolly Parton acaba de anunciar que publicará a súa primeira novela titulada “Run Rose Run” o próximo 7 de marzo de 2022.

A artista contou para elo coa colaboración do escritor James Patterson. A trama versará sobre unha nova artista que persegue os seus soños a través das dificultades.

“Run Rose Run” chegará acompañada dun novo álbum do mesmo nome, formado por 12 temas escritos en función dos personaxes e as situacións da novela.  Estamos desexando escoitalo!