Premios mestre

Premios Mestre Mateo: Elba Fernández, Mellor Mùsica Orixinal e “Figa” de Tanxugueiras, Mellor Videoclip

Compartir

A Gala dos Premios Mestre Mateo, que cada ano premia a excelencia das producións audiovisuais de Galicia, celebrouse este pasado sábado 19 de marzo en Expocoruña.

A artista galega Elba Fernández (Mordem) alzouse xunto a Xavi Font como gañadora na categoría a Mellor Música Orixinal pola BSO da segunda tempada da serie “Hierro”, gran vencedora da noite con 6 galardóns. A compositora galega xa logrou a estatuilla no ano 2020 coa BSO da primeira tempada da serie.

O videoclip “Figa” de Tanxugueiras resultou gañador na categoría á Mellor Videoclip, antepoñéndose aos clips de Antilia, Triángulo de Amor Bizarro e Pablo Lesuit.

elba
Fotografía: Vanessa Rábade

A cineasta, periodista, investigadora, poeta e escritora Margarita Ledo recibiu o Premio de Honra Fernando Rey pola súa traxectoria “comprometida coa reflexión, a creación, o feminismo e o noso idioma”.

Revive aquí o videoclip de Figa: