tears to go

Elena Sestelo presenta o primeiro adianto de “Tears To Go” o seu novo proxecto en solitario

Elena Sestelo acaba de presentar o primeiro adianto do seu novo proxecto musical en solitario “ Tears To Go”. Tras formar parte durante varios anos da banda viguesa “ When Nalda Became Punk”, Elena dá un paso á fronte e lanza o seu proxecto en solitario. “Patronizing Self- Help”, o disco debut da artista, está formado por cancións inspiradas nos sons clásicos de folk psicodélico dos sesenta e setenta, aínda que tamén atoparás sonoridades de synthpop.
 
As súas letras falan de conceptos tan profundos como o espazo, a ausencia ou o anhelo, aínda que mesturados coa ironía e o absurdo. O disco foi gravado na propia casa de Elena e nos Cherry Sounds de Sevilla por Cris Romero. “Patronizing Self- Help” verá a luz no outono, pero xa podes descubrir como soa o tema que dá título ao álbum:
 
Más artículos sobre...
Consultas en línea industria musical
Industria musical
Consultas en línea hazlo tú misma
Hazlo tú misma
Categoria miscelánea
Miscelánea