Estudio genero

¿Traballas na música? Participa na segunda enquisa de xénero da Asociación MIM

Compartir

A Asociación MIM está a realizar a segunda parte do estudio de xénero na industria musical en España que realizou en 2021 e que mostrou as preocupantes cifras de desigualdade e precariedade que sufre o sector da música no noso país, como o dato de que que preto do 70% das mulleres da industria musical cobran menos do salario medio dos homes ou que as tres presidencias das tres grandes multinacionais (Sony, Universal e Warner), están ocupadas por homes.

Podes ver o estudio completo premendo no botón:

Agora, a Asociación MIM está a realizar a segunda parte do estudio, e para elo compartiu unha enquisa co obxectivo de recabar datos rigurosos e eficaces que permitan obter unha radiografía clara da situación.

Así que se és muller e traballas no sector musical, participa na enquisa premendo no botón e axuda a facer realidade este necesario segundo estudio: