Mon Laferte

Estreado o Tiny Desk (Home) Concert de Mon Laferte

Xa podemos gozar en Youtube do Tiny Desk (Home) Concert da artista chilena Mon Laferte. O concerto foi gravado na capela de Tepoztlán (unha pequena e íntima igrexa situada nun pobo nos arredores de Ciudad de México), acompañada dunha pequena orquestra “estilo cabaret” formada por instrumentos como a jarana, o oboe, a tuba, o clarinete ou a frauta.
 
Nel a artista, vestida de noiva, interpretou “Tu falta de querer”, “Por qué me fui a enamorar de ti”, “Se me va a quemar el corazón” e “Placer Hollywood”,, catro temas da súa discografía.
 
O vídeo do concerto está dirixido e editado por Camila Grandi. Non o perdas!