Estrease o videoclip da canción “Me and bobby mcgee” de Janis Joplin

Janis Joplin gravou a canción “Me and Bobby McGee”, de Kris Kristofferson, poucos días antes da súa morte. Tras e seu lanzamento o 12 de xaneiro de 1971, convertiuse no segundo sinxelo póstumo na historia da música pop en alcanzar o número 1, despois de “(Sittin ‘On) The Dock of the Bay” de Otis Redding, en 1968.

O novo vídeo oficial de “Me and Bobby McGee” é parte da celebración do 50 aniversario do disco Pearl, o último álbum de estudio de Janis Joplin.