Home Events Mulleres en acción: Violencia Zero en Pontevedra
violencia 0

Mulleres en acción: Violencia Zero en Pontevedra

Mulleres en acción: Violencia Zero en Pontevedra

“Asta en cueva’ de Alba Soto

Lugar: Praza da Peregrina,

Hora: 12.00

25 novas accións en 25 concellos da provincia. Esta sétima edición volverá apostar pola participación que tantas emocións compartidas nos trouxo xusto antes da pandemia. Volverá desenvolver obradoiros nalgunhas das accións. Volverá situar a creación contemporánea no espazo público. Volverá arrepiarnos a pel e facernos reflexionar. Volverá provocar, remover e berrar: mover conciencias. Volverá ser plataforma. Volverá visibilizar o talento de tantas mulleres artistas, actrices, bailarinas, muralistas, músicas e poetas que merecen estar.

E como novidade desta nova edición queremos convidar o sector cultural a reflexionar nunhas xornadas participativas na nosa Escola de Igualdade María Vinyals, nas que contaremos con figuras referentes a nivel internacional da arte de acción: porque compartir é construír estruturas máis fortes.

Programación Completa en: https://www.depo.gal/mulleres-en-accion-violencia-zero-2021-2022

Data

25 Nov 2021
Expired!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *