Flama, música electrónica protagonizada por mulleres para todos os públicos

Araceli Martín Chicano (Xestora Cultural) e Paloma Peñarrubia (Compositora musical) son as organizadoras de FLAMA ( Female, Art, Music, Activism) en Málaga. Un festival de música, talleres e relatorios protagonizado por mulleres do medio sonoro/visual e música electrónica.

Flama pretende impulsar, visibilizar e promover a integración profesional da muller nos diferentes sectores da música experimental e medios sonoro/visuais. Tanto a compositoras, así como Djs, xornalistas, produtoras… Ademais de achegar as novas tecnoloxías e artes dixitais a través de talleres formativos, relatorios e concertos integrando estas formas de expresión artística á cultura de Málaga.

Flama ten un marcado compromiso coa comunidade feminina xa que o obxectivo principal é visibilizar o traballo das mulleres creadoras. É un festival protagonizado por mulleres e dirixido a todos os públicos.

Poderemos gozar dunha nova edición este festival o 11 de xuño.

 

Más artículos sobre...
Consultas en línea industria musical
Industria musical
Consultas en línea hazlo tú misma
Hazlo tú misma
Categoria miscelánea
Miscelánea