gils gang kaos

Girl’s Gang (a banda de Law, mentorizada de Descúbreas) lanza o seu single debut Kaos

Compartir

A “girl band” de Vigo publica o primeiro sinxelo do que será o seu álbum debut, de nome homónimo. “KAOS” marca o inicio dunha nova era para as “Girl’s Gang” xa que é a primeira canción orixinal que lanza a banda, acompañada do seu correspondente videoclip. O ano pasado, quedaron ás portas de participar no “Benidorm Fest” con este mesmo tema.

“Girl’s Gang” está formado por catro xóvenes artistas da provincia de Pontevedra: Anabel, Antía, Law e Tamara. A artista multidisciplinar Law participou na primeira edición do programa de mentoría de “Descúbreas”.

O videoclip é un espectáculo de pura enerxía, onde a “girl band” combina harmonías vocais cunha coidada coreografía na aparecen acompañadas por un elenco de bailarinas.

A banda publicaba nas súas redes sociais: “Sacando KAOS… comenzando unha nova era, dando o paso máis importante da nosa carreira como grupo… cumplindo o noso verdadeiro soño!”. Nos estaremos expectantes desta nova era co lanzamento do seu EP debut no 2023.

Descúbreas é un proxecto de apoio e impulso ao talento musical feminino promovido pola Deputación de Pontevedra, que cada ano acompaña a 8 rapazas seleccionadas por un xurado profesional a través dunha convocatoria pública nos seus primeiros pasos na música, por medio dun programa de mentoring no que teñen acceso a mentorías con mulleres referentes da industria musical, a gravación dun tema propio nun estudio profesional e a realización dun videoclip.